O Trofeo Fasquía voltará o vindeiro sábado día 7

dorna250_280508.jpgA ILLA > A Asociación Cultural Deportiva e Promotora de Acitividades Xuvenís “Fasquía” presentou esta mañá no Salón de Plenos do Concello da Illa de Arousa ó Trofeo Fasquía. Trátase da cuarta edición desta regata para dornas a vela que se disputará o vindeiro sábado 7 de xuño.

Como soe ser habitual o Trofeo Fasquía abrirá un ano máis a temporada de regatas no que a dornas se refire, sendo ademais a primeira proba puntuable para o Trofeo Galicia desta modalidade náutica.

Hoxe o presidente da Asociación Fasquía, Santiago Mougán, presentou a regata acompañado pola concelleira de Medio Ambiente e Servizos Sociais, Dolores Folgar, e pola edil de Traballo, Familia e Muller, Fátima Rivas. Todos coincidiron na importancia que para un concello como o da Illa ten preservar as súas tradicións. 

No estrictamente deportivo a dorna "Nécora", do Club da Illa, partirá como grande favorita para levarse a victoria final, por seren a actual defensora do título. Tentarán evitalo case medio centenar de embarcacións, xa que se o ano pasado acudiron á cita 42, nesta edición preténdese supera-lo número de participantes. X

a confirmaron a súa presencia no Trofeo Fasquía embarcacións de clubs como Lajareu de Ribeira, Dorna Meca, Club de Portonovo ou Náutico de Rodeira,  de Cangas. Entre elas haberá seis barcos de Dorna da Illa, que tentarán deixar o trofeo en casa.

En canto ó percorrido, os participantes sairán do porto do Xufre, e realizarán unha triángulo que os levará a unha primeira ciaboga colocada preto do Faro do Seixo e unha segunda ó norte do peirao. Deberán dar dúas voltas para completar unha distancia total de oito millas náuticas.

Redacción Salnés