A Deputación disporá en decembro de 500.000 metros cadrados no polígono Barro – Meis

    poligonobarro100_290508.jpgBARRO > O polígono Barro – Meis terá dispoñible medio millón de metros cadrados en decembro deste ano, segundo confirmou hoxe Rafael Louzán.

    {flowplayer}images/salnes/poligono_barro_meis.flv{/flowplayer}

    BARRO > O sector Outeda – Curro, do polígono Barro-Meis, estará rematado para finais deste ano. Así o confirmou hoxe o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, que visitou as obras acompañado do portavoz do PP no Parlamento, Alberto Núñez Feijóo. Louzán indicou que xa está realizado o 95 por cento do movemento de terras e o 70 por cento dos servizos. En decembro estarán logo dispoñibles 500.000 metros cadrados. En canto á venda de parcelas, Louzán adiantou que tamén vai a bo ritmo.

    Núñez Feijóo destacou esta iniciativa da Deputación fronte á incapacidade da Xunta para satisfacer a demanda de solo das empresas galegas. Segundo denunciou, 30 millóns de metros cadrados de solo industrial continúan, tres anos despois, paralizados ou atrasados. O alcalde de Barro, José Antonio Landín, tamén agradeceu a aposta da Deputación por este polígono e dirixiu as súas críticas a Política Territorial.

    Segundo adiantou Louzán, esta semana adxudicouse o abastecemento de auga ó polígono e nos vindeiros días farase o mesmo coa electricidade. Ademais, xa se chegou a acordo coa Xunta para conectar esta área coas novas autovías.

    Redacción Salnés