Setembro, o mes do regreso á realidade e dos gastos da volta ao cole

O SALNÉS> Estamos arrancando o mes de setembro e con el a volta a normalidade para moitas familias. Despois dun longo verán, con vacacións e viaxes de por medio, moitos hoxe botan contas dos gastos ós que se teñen que enfrontar agora coa volta á rutina. Un dos maiores retos: a volta ao cole. Libros, material escolar e roupa para os pequenos son os principais gastos para moitos neste duro regreso á realidade.

A pesar do cativo que foi este ano, o verán vainos dicindo adeus. Atrás quedan as longas tardes depraia, de terraceo e de esquecerse das preocupacións. Comezou o mes de setembro e iso tradúcese en que moitos temos que volver á vida cotiá. Co regreso á realidade chegan tamén os gastos da volta ó cole. As nais, pais e avós botan man da calculadora e tamén de moita paciencia para enfrontrarse a este regreso ás aulas.

Entre os principais gastos, como manda a tradición, os libros de texto, o material escolar e a roupa.

Outras, xa máis crecidiños, tamén fan calculos para a súa volta ás aulas, ás da Universidade. Neste caso os gastos multiplícanse, coas matrículoas, os desprazamentos, o alugueiro dun piso e a comida. Para moitos universitarios é difícil calcula-lo seu orzamento mensual, máis aínda cando estás a piques de estrearte na Facultade, como nos conta Marina, moza vilagarciá que nuns días empezará o seu primeiro curso.

Estímase que a volta ó cole para un alumno de primaria ou secundaria custa, de media, uns 760 euros.