Choiva, penaltis e moitos libros na Illa de Arousa

golporlibro250_290508.jpgA ILLA > Os rapaces da Illa de Arousa foron protagonistas por un día xa que recibiron onte á tarde unha visita moi especial, a dos porteiros do Celta de Vigo Esteban e Sergio. Ambos quixeron estar cos nenos no día no que se celebraba o acto central da campaña “Un gol por un libro”.

Un gol por un libro, e aínda que se tirase fóra, tamén se levaban un libro. O Concello da Illa, xunto coa Consellería de Cultura, Céltiga e Real Club Celta Vigo ocorríuselles esta estupenda idea que une cultura e deporte.

O que se pretende é que os rapaces habitúense a ler e que mellor xeito de facelo que recibindo un libro de mans dos que son seus ídolos. Por iso estiveron hoxe con eles Esteban e o catoirés Sergio, ambos gardamallas do club celeste; tamén se deixou ver un ex-celtiña, Vlado Gudelj. Os rapaces pasárono en grande intentando marcar penaltis, pese a chuvia que fixo acto de presencia nada máis comezar o acto no Salvador Otero.

Esta iniciativa ten a súa prologanción nas aulas, xa que nas últimas semanas os rapaces participaron nun concurso de redacción, relacionado tamén co mundo do fútbol. Que tomen boa nota os pais.

Redacción Salnés