Fin de semana de intensa e interesante carga deportiva

pasaron250_300508.jpgSALNÉS > Moitas das miradas centraranse en ver o que é capaz de facer o Pontevedra C.F. ante a A.D. Ceuta no partido de volta do playoff de ascenso a 2ª División. Ós de Xabi Gracia sírvelles un empate sen goles para pasar de rolda.

O Pontevedra ten unha nova cita coa historia, e ésta débelle un ascenso. Despois de dous intentos fallidos á terceira debería ir a vencida. O Ceuta visitará un Pasarón remodelado e que se vestirá de gala para a ocasión, coa clara intención de remontar o 1-1 que se deu no Alfonso Murube o pasado sábado. O cadro granate deberá intentar evita-lo para pasar ó playoff definitivo e para devolver á cidade e á afección á categoría que merecen.

Unha das citas ineludibles desta fin de semana é a Volta do Salnés. 140 quilómetros de percorrido, 120 ciclistas procedentes de 11 equipos diferentes, 6 galegos e 5 portugeses e a Copa Deputación en xogo. A saída e a liña de meta estarán colocadas en Ribadumia, onde se agarda que os ciclistas cheguen ó redor das 19:30.

Tamén mañá pola tarde o Pavillón da Seca de Poio acollerá o quinto campionato de Karate Concello de Poio, un torneo ó que acudirán máis de 250 rapaces chegados dende case tódolos puntos da provincia de Pontevedra. Unha competición que se antolla espectaacular, para rapaces e rapazas de entre 3-22 anos de idade que competirán en modalidade de katas individual, por equipos, defensa persoal e combate.

En vela, mañá e o domingo disputarase en Vilagarcía o X Trofeo Santa Rita para clase Snipe. As regatas, organizadas polo Real Club de Regatas Galicia disputaranse mañá a tarde e o domingo pola mañá e twrán a súa saída dende o peirao de pasaxeiros de Vilagarcía.

En atletismo, a parroquia cambadesa de Oubiña acolle este domingo unha maratón popular organizada pola asociación de veciños San Vicente. A proba, denominada Memorial Manuel Mariño Castro, comezará ás once e media da mañá e a saída e a meta fíxase diante da Casa de Cultura de Oubiña. Repartiranse máis de 50 trofeos para as oito categorías diferentes que inclúe a proba para a cal aínda está aberto o prazo de inscripción.

Por último pero non menos importante, o domingo ás dez en Príncipe Felipe celebrarase o día do patín. Reuniranse máis de 300 rapaces para esta festa que suporá a clausura por este ano das Escolas Municipais de Patinaxe promovidas pola Deputación de Pontevedra.

Redacción Salnés