Os outros afundimentos do noso mar

CAMBADOS> O naufraxio do Villa de Pitanxo é un dos máis graves rexistrado en Galicia nas últimas décadas. Unha traxida que, como lles estamos contando, tamén tingue de loito o Concello de Cambados de onde era unha das vítimas. A localidade, por desgraza, ten xa na súa historia varios episodios negros. O máis recente, a traxedia do ‘Sin querer 2’.

De novo o mar volve golpea-lo Concello de Cambados. O afundimento do Villa de Pitanxo deixa un veciño da localiade falecido. Unha traxedia que, inevitablemente, leva a nosa memoria ata o 2018.

Así contaba Canal Rías Baixas a tráxica nova aquel 19  de decembro de 2018. A escasos días para o Nadal, o corazón dos cambadeses encollíase ante unha traxedia que deixou tres vítimas mortais e un desaparecido.

A vila enteira uníase á dor das familias. Primeiro nunha multitudinaria capela ardente instalada no pavillón do Pombal. Eran as palabras de Fátima Abal, daquela alcalde de Cambados. Tres anos despois o corpo do mariñeiro desaparecido aínda non apareceu. Tres anos pasaron tamén desta imaxe: a vila enteira uniuse daquela nunha concentración masiva.

A traxedia do ‘Sin querer 2’ permanece na memoria colectiva como un dos máis tráxicos dos episodios que deixou o mar en Cambados. Na historia recente deste municipio non é a única páxina en Negro. No ano 2004, ‘O Bahía’ ía a pique preto das illas Sisargas, na costa de Malpica. A bordo ían dez homes… Faleceron todos… dous eran veciños de Cambados.

Mellor sorte correu a tripulación do pesqueiro Olisán, con base no porto de Cambados. No ano 2017 foi a pique en cabo Prior, na costa de Ferrol. Os seus tres tripulantes foron rescatados por Salvamento Marítimo.

Na memoria quedan tamén outras traxedias do noso mar: O Santa Ana, con base en Muros, afundiuse no 2014 fronte á costa de Asturias. Faleceron 8 mariñeiros. Ou o Nuevo Marcos, pesqueiro de Poio, que foi a pique no 2017 tras chocar contra unha batea, deixando outras cinco vítimas mortais.

O Villa de Pitanxo pasa agora a formar parte desta terrible lista de traxedias no mar,  converténdose no máis grave dos accidentes rexistrados nas últimaas décasdas. Só superado polo Marbel, que no ano 78 preto de Cabo Silleiro, deixaba o peor dato de falecidos dos últimos tempos: dos seus 36 tripulantes faleceron 26.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí