O Viajes Interrías volve a tirar un partido que tiña gañado

futbolsala250_111109.jpgSALNÉS> Sí que gañou o Grupo Junquera ó Fisterra en Fontecarmoa polo que xa son cuartos na 1ªB mentres que o Viajes Interrías caeu una súa visita ó Pontenova tras ir gañado 0-3.

Sorprendente derrota do Viajes Interrías na súa visita ó Superti Pontenova (7-3). Sorprendente e decepcionante porque o desenvolvemento do encontro foi como o dunha película de terror.

Na primeira metade, a cara boa. O equipo serio, traballador e concentrado que pode chegar a ser e que manaitou ó seu rival para irse ó descanso 1-3.

Tralo paso polos vestiarios a debacle; cinco minutos de auténtico despropósito nos que os locais lle daban a volta ó electrónico. Co Pontenova crecido e o Interrías sen saber como reaccionar chegaron máis tantos dos lucenses que acabarían por redondear o 7-3.

Duro golpe para os portonoveses ante un rival directo pola permanencia. Quédalle traballo por diante a Salgueiro para intentar que o equipo non amose dúas caras nos partidos, tan só unha, e que sexa a boa. Son cuartos por abaixo e agora tocaralles recibir en Baltar o líder Noia.

Na 1ªB o Grupo Junquera continúa imparable e sumou a súa cuarta victoria consecutiva que o relanza na xeral e o coloca cuarto (6-1). Os de Rodrigo Feijoo tiñan enfronte a un rival, Fisterra Fs., que a priori lles podía poñer en apuros, pero nada máis lonxe da realidade. O Junquera foi superior de comezo a fin impoñendo un intenso ritmo de xogo. De feito ós dous minutos Fran inauguraba o marcador. Logo Jaime e Gelabert poñían o 3-0. A primeira metade pechouse sen embargo cun gol visitante que deixaba algo de incertidume nos afeccionados locais.

Pero a segunda parte foi un monólogo dos locais que xogaron con intelexenxia e souberon manter a súa portería a cero. No tramo final chegaría a sentencia con tres tantos máis de Chini, Sesar e Dani.

A semana que ven terán unha visita plácida á cancha do Redondela, que conta os seus partidos por derrotas. Unha boa oportunidade para o Grupo Junquera de seguir esclanado postos na xeral.

Redacción Salnés