A Xunta inviste 200.000 euros en colexios de Porto do Son

    PORTO DO SON> A Xunta de Galicia, a través da súa área de Educación, vén de investir un total de preto de 200.000 euros en distintos centros escolares do concello de Porto do Son. Esta mañá o Delegado Territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou algunhas das melloras realizadas. 

     

    O Colexio de Santa Irene no Son, o IES do concello e o colexio de Portosín, son os tres centros educativos que veñen de acoller diferentes actuacións que melloran e facilitan os servizos esenciais deste tipo de espazos. Esta mañá o Delegado Territorial da Xunta na Coruña coñeceu de primeira man estas melloras, acompañado polo Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabana, e o alcalde sonense. Foron recibidos pola directora do Colexio Santa Irene que se encargou de amosar as actuacións realizadas neste centro, e que para o alcalde, eran máis que necesarias. Unhas obras que se realizaron grazas ós preto de 200.000 euros que investiu a Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación e Cultura. O Delegado destacou que é o maior investimento da Xunta na estructura educativa da provincia coruñesa dos últimos anos.