Medio Ambiente investiu 300 millóns de euros no saneamento das rías

    riasgalegas copia100.jpgSANTIAGO> Este orzamento estase a destinar á mellora de servizos de depuración de augas residuais. Obras que se realizan en colaboración cos concellos.

    {flowplayer}images/salnes/ACTUACIONS_XUNTA_RIAS_GALEGAS.flv{/flowplayer}

    Segundo o conselleiro do Medio Ambiente, o obxectivo do seu departamento é que as rías galegas acaden un estado ecolóxico óptimo, e para iso, pensan ter investidos no 2015 preto de 390 millóns de euros. Este orzamento estase a destinar á mellora de servizos de depuración de augas residuais, ben construíndo novos sistemas de depuración ou ben mellorando os existentes. Obras que se realizan en colaboración cos concellos.

    Segundo o conselleiro, esta colaboración potenciarase co novo decreto de colaboración entre Xunta e entidades locais que se está a tramitar no marco da Lei de Augas de Galicia recentemente aprobada no Parlamento.

    Redacción Salnés