![]()
RIBADUMIA > A alcaldesa de Ribadumia Salomé Peña, acompañada polo presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán…
… e os veciños da parroquia, inauguraron esta tarde a remodelación da Carballeira de Barrantes. Esta actuación consistiu nunha primeira fase na que se inclúe a instalación de parques infantís modernos, a creación de gradas, a instalación de mobiliario urbano e varandas de seguridade e a planta de árbores. Estas novas áreas contan con xogos máis modernos e de acorde ás idades dos rapaces. En canto ao mobiliario urbano, conta con farois, papeleiras e bancos de madeira para garantir a maior comodidade dos veciños.
Esta primeira quenda ascendeu a un orzamento de 60.000 euros. A pretensión do Equipo de Goberno é abrir unha segunda fase das obras despois da Festa do Viño Tinto do Salnés, que contemplaría a creación de pérgolas de sombra nalgúns laterais e o empedrado do anfiteatro.
Esta inauguración chega xusto o día antes do comezo das festas do viño tinto do salnés que comezarán mañá nesta localidade, e que este ano poderán ser desfrutadas dun xeito distinto. Os actos da festa do tinto comezan mañá a tarde ca exaltación das conservas da comarca e pola noite acadarán o seu punto álxido co concerto da televisiva cantante Soraya.
Redacción Salnés








