EU nega que o bipartito negociase con eles para repartir o Plan E

    fajardo100.jpgVILAGARCÍA> EU negou hoxe que tivera un acordo previo entre a súa formación e o goberno local no reparto do novo Plan E.

    {flowplayer}images/salnes/fajardo_plan_e.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Esquerda Unida de Vilagarcía negou hoxe que houbera un acordo previo entre a súa formación e o goberno municipal para fixar as obras do novo Plan E. Segundo explicou Juan Fajardo ata este martes non tiveron coñecemento do reparto destes fondos e critica que o bipartito llos explicase máis a fondo á prensa que á corporación.

    Esquerda Unida lamenta que o goberno local destine millón e medio de euros do Plan E para o casco urbano, cando o propio bipartito tiña decidido non destinarlle máis fondos, ó contar xa cun importante investimento dos plan Arousa 21 e Luz Salgada. A Fajardo tamén lle parecen escasos os 200 mil euros destinados a Servizos Sociais e critica que non se inclúa un centro de día público. Aclara que o edificio do Bosque non contará con este servizo e o previsto por Afasal e o Porto vai ser privado.

    EU propoñía, amais do centro de día, actuacións medio ambientais, en novas fontes de enerxía, ou 2 bibliotecas novas. Tamén unha comisión de seguimento, esta si foi recollida polo bipartito, pero non nos mesmos termos que eles pedían. Fajardo espera que as obras propostas polo bipartito non acaben sendo meras ocorrencias.

    Redacción Salnés