Os promotores únense para paliar a crise no sector da construcción

    crise100_050608.jpgPORTASJulián Fariña, un promotor da parroquia de Carracedo en Caldas de Reis anunciou hoxe a reunión que terán o vindeiro sábado…

    … 7 de Xuño ás 5 da tarde na Azucreira de Portas. O motivo da xuntanza será trazar definitivamente as iniciativas que se levarán a cabo para frear a desaceleración que se está a producir no sector da construción

    Están decididos a facerse oír xa que segundo argumentan o goberno tanto central como autonómico non poñen as ferramentas necesarias ó seu alcance para frear a situación que a desaceleración económica está provocando no sector da construción e no mercado inmobiliario.

    Por iso convocan esta terceira reunión, para tratar aqueles temas que máis están danando ó sector. O promotor Julián Fariña fai un chamamento á participación As consecuencias directas da desaceleración económica obrigou a moitas promotoras e construtoras a pechar a súa empresa. Un sector que arrastra consigo a unha cadea de empresas que derivan do sector, tales como as fábricas de mobles. A caída das ventas provoca que os empresarios se afundan na desesperanza. Os bancos non financian e os promotores non saben onde meter o que investiron

    Poden acudir á reunión todos aqueles implicados no sector inmobiliario e da construción para chegar a unha solución na que todos estean unidos cara un mesmo obxectivo. Insisten na importancia da unión para chegar a unha resolución. Lembren o vindeiro sábado ás 5 da tarde na Azucreira de Portas.

    Redacción Salnés