Un Mapfre de récord cumpre o Desafío

mapfre1 copia.jpg SANXENXO> A tripulación deixa en 9 días, 12 horas, 18 minutos e 10 segundos a marca para percorrer a travesía entre a Illa da Gomera e San Salvador. En total desde Palos de la Frontera, seguindo a estela de Cristobo Colón, o récord queda establecido en 11 días, 7 horas, 38 minutos e 40 segundos.

{flowplayer}images/salnes/RECORD_MAPFRE.flv{/flowplayer}

A alegría era total á chegada á illa de San Salvador, nas Bahamas. Un pouco máis tarde do previsto, ás oito e 18 minutos hora española, os tripulantes do Mapfre acadaban terras latinoamericanas e marcaban un novo fito na historia da navegación. Cumpriron o desafío, e o barco español deixa en 9 días, 12 horas, 18 minutos e 10 segundos a marca para percorrer a travesía entre a Illa da Gomera e San Salvador. En total desde Palos de la Frontera, seguindo a estela de Cristobo Colón, o récord queda establecido en 11 días, 7 horas, 38 minutos e 40 segundos.

En total foron tres os récords batidos pola tripulación do Mapfre. O primeiro caía o 10 de febreiros, ó realizar o traxecto entre Palos de La Frontera e a Gomera en 43 horas, 20 minutos e 30 segundos. O segundo marcábase esta mañá coa chegada a San Salvador e o último corresponde á suma dos dous tramos. En todo este tempo as condicións meteorolóxicas complicaron a misión ós tripulantes, especialmente o vento, que os obrigou a baixar moito ó sur en lugar de poder poñer rumbo directo ó seu destino.

O récord acadado polo Mapfre está avalado pola Real Federación Española de Vela. Atrás quedan momentos memorables, como as bromas arredor do Triángulo das Bermudas ou a nova hai uns días do nacemento de Miguel, segundo fillo de Fernando Echávarri.

Redacción Salnés