Segunda xornada en xogo na Terceira e na Preferente

SALNÉS> O futbol para na Primeira División pero non na Terceira. Vilalonga e Portonovo disputan o domingo a segunda xornada ligueira. Os celestes franao na casa ante o Somozas, mentres que os de Baltar visitan As Pontes. Repasamos tamén os encontros que nos agardan na Preferente Sur.

Segunda xornada ligueira na Terceira e na Preferente que servirá para exercer un primerio contraste da valía dos resultados acadados na primeira.

O Vilalonga estréase diante da súa afección. Coa tranquilidade que lles deu o triunfo no derbi ante o Portonovo, os de Gabi Leis tentarán acadar unha segunda victoria que lles outorgaría aínda máis confianza. O rival será un Somozas reforzado, que tamén ten como obxectivo a permanencia e que no seu debut perdeu na casa ante o potente Cerceda.

O caso do Portonovo é ben diferente. A derrota no primeiro partido deixou algunhas dúbidas, sobre todo no aspecto defensivo. Tócalles visitar a As Pontes, un recén ascendido que non responde a ese perfil pola gran cantidade de bos xogadores cos que conta, entre eles o dianteiro ex do Céltiga e Arousa, Hugo Soto.

Na Preferente Sur, tódolos equipos do Salnés tentarán estrear o seu casilleiro de victorias, despois dun debut de empates e derrotas.

O Céltiga visita o campo doutro candidato ó ascenso como o Choco. O Arousa recibe na casa ó Ourense B, un recén ascendio á categoría. O Sanxenxo xogará no Revel ante o Pontellas, un equipo que se presume do mesmo nivel que os de Calucho, polo que será unha boa proba para os amarelos.

O Cambados, con gañas de esquencer canto antes a derrota frente ó Atios, recibirá en Burgáns a outro dos potentes, o Barbadás.

Mentres o Riibadumia tentará levantarse canto antes da goleada que recibíu en Lalín a semana pasada para abandonar o derradeiro posto da xeral. O Nigrán visita a Senra, outro equipo procedente da Primeira Autonómica e que conta con xogadores con experiencia en categorías superiores.

Redacción Salnés