Os Bolechas fomentan a igualdade en Muros

MUROS> O concello de Muros promove a educación en igualdade a través dunha nova edición dos Bolechas. Nesta ocasión, estes coñecidos personaxes visitan o Centro de Información á Muller da man da súa responsable. Esta nova publicación dos Bolechas, da que xa se editaron mil exemplares, ten como obxectivo a educación en valores de igualdade. Tódolos centros educativos do concello xa contan con este material que se utilizarán como recurso didáctico entre os máis pequenos.A semana do 25 de novembro, en que se celebra o día contra a violencia de xénero, repartiranse libros entre os máis pequenos. A iniciativa está a ter tan boa acollida que outros concellos xa se interesaron polo seu uso e mesmo solicitaron exemplares para tomar como modelo. Cómpre lembrar que non é a primeira vez que os Bolechas toman como escenario este concello. En pasadas edicións, visitaron Muros e mesmo participaron nas carrilanas de Esteiro.