A protectora de animais presenta a súa páxina web

    protectora100_060608.jpgCAMBADOS > A protectora de animais de Cambados presentou esta mañá no Concello a súa páxina web. Un proxecto que se leva …

    …xestando anos e que por fin veu a luz con financiamento municipal. No enderezo da web poderán adoptar animais ata facer unha consulta veterinaria vía on-line.

    www.protectoraanimalescambados.es, este é o enderezo web da protectora de animais de Cambados. Aquí poden atopar dende como adoptar un can pasando por seccións como “me he perdido” o “por consultas veterinarias”

    Tamén se colgará páxina os traballos relacionados con historias de animais que fan os escolares , receitas para os animais. Por exemplo sabían vostedes que o allo é beneficioso para espantar os carrachos dos cans? e moitas curiosidades máis. O alto índice de abandono, segundo as estatísticas, nestes intres triplicouse con respecto ó 2007 fan que se vexa a outra cara da moeda, moito máis desagradable.

     Actualmente existen na cancela da protectora de animais 100 exemplares, dos cales 40 son cachorros, por iso a importancia de respectar os dereitos dos animais, e adoptar, para que teñan unha vida digna por que coma calquera meréceno. Lembren, na páxina web www.protectoraanimaiscambados.es atopara toda a información, non o pense e adopte.

    Redacción Salnés