Durán reunirase con Augas de Galicia para evitar inundacións no polígono de Baión

    poligono100_0600608.jpgVILANOVA > O alcalde de Vilanova de Arousa Gonzalo Durán reunirase o vindeiro mércores no concello con Augas de Galicia e os …

    … representantes da empresa adxudicataria das obras do polígono de Baión que na época de choivas provocou inundacións e con iso, a preocupación dos veciños. As obras que se están a levar a cabo no polígono de Baión en Vilanova provocaron no inverno varias inundacións no lugar de Fonsín na época que más choiva se rexistrou na provincia.

    Ó detectar un problema na canalización das augas, os técnicos do concello solicitaron á xunta de Galicia, ó non ser este un asunto de competencia municipal, unha reunión para tratar o incidente e previr vindeiras inundacións

     Na mesma reunión tratarase a problemática do río Currás, polo grao de contaminación que rexistra debido á cantidade de verteduras que chegan ás súas augas.

     

    Redacción Salnés