Cambados finaliza a creación da súa propia canle escolar

CAMBADOS> Todo a punto en Cambados para comezar as emisións da súa televisión escolar. O colexio de Corvillón gañou o concurso para elixir a imaxe corporativa. Son moitos os alumnos deste centro que queren participar no proxecto.

Cambados pechou a etapa de creación da canle escolar coa elección da súa imaxe corporativa. Despois de dous anos formando profesores e conseguidos os medios necesarios o único que lles faltaba era o logo. Tras un concurso o grafismo escollido foi o do colexio de Corvillón.

Á cabeza deste proxecto está Xan Leira. Segundo o director e profesor arxentino, xa está todo listo para que a canle comece as súas emisións o vindeiro curso.

O lugar de gravación van a ser os propios centros escolares. O alumnado do colexio de Corvillón ten clara a súa participación.

Polo que parece presentadores non lle vai a faltar á futura cadea.