A Cámara de Vilagarcía aclara posturas sobre o proxecto do tren a Ferrazo

    camara_foto_100.jpgVILAGARCÍA > O presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía ofreceu esta mañá unha rolda de prensa para dar a versión…

    deste ente sobre a súa postura sobre a futura chegada do tren a Ferrazo ó porto vilagarcián. En primeiro termo, Carlos Oubiña Portas defendeu que a decisión da cámara responde a un acordo plenario dos seus integrantes e non á postura de parte dos seus representantes.

    Esta posición, defenden, non é a de opoñerse á chegada do tren ó porto, senón a de buscar unha estratexia a varios anos vista, para afianzar o futuro do peirao. Oubiña sinala que hai que facer unha aposta forte pola intermodalidade tal e como se está facendo nas grandes cidades europeas, e para evitar o impacto social da chegada do tren crear, se fai falla, unha liña de ferrocarril soterrada.

    Desde a cámara de comercio vilagarciá apuntaron tamén que a chegada do tren ó Ferrazo, tal e como está prantexada sen dispoñer dun espazo para almacenar os contedores namentres non son usados, vai a obrigar a continuar empregando transporte por estrada para levar os containers a outros lugares, como o polígono industrial de Tremoedo.

    En resumo, a cámara vilagarciá oponse a unha instalación do tren provisional e feita para saír do paso; e aposta por unha forte inversión que propicie unha infraestructura de futuro.

    Redacción Salnés