![]()
VILAGARCÍA > Os veciños de Castroagudín xa coñecen as actuacións que desenvolverá a Xunta en compensación polas obras da Variante Norte.
{flowplayer}images/salnes/castroagudin.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA > Os veciños de Castroagudín, en Vilagarcía, xa coñecen as actuacións que desenvolverá a Xunta en compensación polas obras da Variante Norte. As actuacións centraranse na praza da parroquia, nun parque infantil e nunha senda peonil entre ambas. A delegada provincial María Isabel Domínguez, presentou xa o proxecto ós veciños.
A praza pública de Castroagudín mudará de aspecto. Mantense o centro social, pero eliminarase o acceso en coche a cambio dunha zona verde. E a fonte quedará sen varandas e máis accesible. Tamén se porá en valor o regato que pasa pola praza con zonas estancas. A parroquia ademais contará cun parque infantil. Construirase onde agora hai un vertido de restos de construcción. A terceira actuación será unha senda peonil que dará acceso á praza e ó parque, ademais de ós muíños e fincas da parroquia. Un proxecto, segundo a delegada de Política Territorial en Pontevedra, María Isabel Domínguez, adaptado ó entorno rural no que se actúa e pensado para a vida cotiá dos veciños.
Concello e representantes veciñais manifestáronse satisfeitos con estas obras, que serviron como moeda de cambio para calmar os ánimos da parroquia, despois das numerosas protestas feitas ó pé do túnel da Variante Norte. Política Territorial investirá nestas obras 645.000 euros. María Isabel Domínguez indicou que xa están iniciados os trámites de cesión de terreos. A Consellería será quen saque a contratación os traballos, que terán un prazo de execución de 5 meses.
Redacción Salnés









