O PPdeG presenta un plan de choque para paliar a crise do sector pesqueiro

    ppsectorpesqueiro_100_090608.jpgRIBEIRA > O PPdeG presentou un paquete de dezanove medidas de choque para paliar a crise que atravesa o sector pesqueiro.

    {flowplayer}barbanza/ppsectorpesqueiro.flv{/flowplayer}

    O presidente provincial do Partido Popular na Coruña, Carlos Negreira, o deputado Manuel Ruíz, e o alcalde de Ribeira e senador, Xosé Luís Torres Colomer, reuníronse cunha representación de toda a flota da localidade para presentar o plan de medidas proposto polo PP para facer fronte á crise que está a vivir o sector, a causa da suba dos prezos do combustible e a baixada do peixo por mor das crecentes importacións.

    Bonificacións fiscais

    Entre as dezanove medidas extraordinarias propostas polos populares figura o pago inmediato das axudas comprometidas en 2004-2005, a posta en marcha dunha política de refinanciamento de pasivos ou a bonificación das cotas á seguridade social.

    Outras das propostas refírese á aplicación inmediata do Fondo Europeo de Pesca ó plan de axuste da flota ou negociar ante a Comisión Europea un incremento do nivel de axudas ata os 200 mil euros.

    Os populares tamén inciden na necesidade de intensificar ó máximo o control das importacións ilegais, incrementar as campañas de comecialización ou promover mecanismos de difusión para que os prezos en orixe sexan coñecidos en tempo real.

    Estas e outras medidas incluídas na proposta dos populares serán levadas ó Parlamento para conseguir o consenso de tódolos grupos políticos. Así mesmo, Xosé Luís Torres Colomer presentará unha pregunta no senado interesándose polas medidas que pensa adoptar o goberno central para paliar a crise.

    Neste sentido, os populares son moi críticos coa xestión da crise que está a levar a cabo o Ministerio de Pesca. Consideran que era o propio goberno, e non a oposición, quen tiña que ter presentado un paquete de medidas dialogadas co sector.

    Redacción Barbanza