MUROS> O concello de Muros proxecta a creación dunha minidepuradora no lugar de San Xián, en Torea. Este sistema xa está operativo dende hai meses noutro punto da parroquia con moi bos resultados.
Trátase dun sistema pioneiro que o concello puxo en marcha hai uns meses en Torea, dado que a parroquia se atopa moi afastadas das redes primarias de saneamento. En lugar de conectala mediante quilómetros e quilómetros de tubaxe optouse por unha opción máis sostible e económica que de momento non puido dar mellor resultado.
Actualmente, xa está en proxecto outra minidepuradora no lugar de San Xián, na mesma parroquia de Torea e noutros núcleos á beira do río Abelleira.