POBRA> Mal balance da campaña do libre marisqueo que botou o peche esta mañá. Os produtores cualifican de fracaso o resultado destes meses de traballo caracterizados pola escaseza de recurso, especialmente en Cabío e no Bohído. A situación de Cabío repetiuse prácticamente no Bohído. Nos Lombos si se rexistrou algo máis de marisco aínda que a producción continúa á baixa. En canto ós prezos, a cotización mantívose ata xaneiro cando comezou a caer en picado.Para tentar mellorar a produtividade de car a afuturas campañas, as confrarías arousás elaborarán un plan de xestión conxunta. A Pobra, xunto con outros sete pósitos, apostaba polo reparto das zonas de libre para convertelas en autorizacións. Sen embargo, a oposición de tres confrarías motivou que finalmente se acordara a elaboración do plan conxunto no que comezarán a traballar a vindeira semana.
Inicio BARBANZA