Vilanova acolleu as finais de Copa do futbol sala feminino

futsal250_110608.jpgVILANOVA > O Pavillón Municipal de Vilanova acolleu esta fin de semana a Final Provincial da Copa de Futbol Sala Feminino. O equipo local e actual campión de liga, o Atlético Vilanova, non puido clasificarse para unha final senior na que o Saraiba do Mar de Portonovo se impuxo ó Cambados.

As mulleres tomaron esta fin de semana o Pavillón de Vilanova. Nun deporte máis practicado polos homes que polas mulleres, elas tamén demostraron que se saben defender moi ben no futbol sala.

Tratábase das finais provinciais do torneo de Copa organizado pola Federación Galega de Fútbol Sala. As primeiras en saltar á pista foron as máis pequenas, as infantís. Chegaron á final o TP3 Marcón e o Poio; este último alzouse co título tras vencer incontestablemente por 0-10, confirmando así a grandísima temporada que realizou o club. 

En categoría xuvenil vivíuse o primeiro gran partido da tarde, entre Redondela e Mudanzas Crespo de Marcón; adiantouse precisamente o Marcón no marcador, pero o Redondela déullela volta e acabou vencendo por 2-1.

O prato forte da xornada chegou ás seis e media da tarde, cando se xogou a finalísmia senoir entres o Cmabados Futbol Sala e o Saraiba do Mar de Portonovo. As cambadesas, un equipo moito máis veterán, tirou de oficio na primiera metade para irse ós vestiarios con 0-2 no marcador. Pero na segunda parte as portonovesas, máis xóvenes, puxeron un ritmo alto ó encontro e levaron o xogo a un terreo máis físico, polo que acadaron o empate (2-2). O título iríase a parar a mans do Saraiba do Mar na tanda de penaltis, logo de que as cambadesas se retiraran unha vez que os árbitros mandaron repetir ata tres veces un mesmo lazamento dende os 7 metros.

Aproveitáronse estas finais para facer entrega no propio pavillón dos trofeos que distinguiron os campións ligueiros deste ano, entre eles o Atlético Vilanova, campión de liga e equipo máximo goleador do ano.

Redacción Salnés