As mulleres e a sostibilidade protagonizan o arranque do cuarto Coworking de Barro

BARRO> Unha vintena de emprendedores forman parte da cuarta edición do Coworking de Barro, que hoxe botou a andar. Doce deses proxectos están liderados por mulleres. Están centrados nas novas tecnoloxías, moda, cosmética, igualdade, construción, gastronomía, marketing ou comunicación. O grupo vai recibir formación ata o decembro.

A cuarta edición do Coworking de Barro preséntase con 20 proxectos. Entre eles hai algúns centrados en novas tecnoloxías, moda, cosmética, igualdade, construción, gastronomía, marketing ou comunicación. Esta mañá a presidenta da Deputación deulle a benvida a este grupo de emprendendores. Recibirán formación no viveiro de Barro ata decembro.

Doce dos proxectos desta cuarta edición están liderados por mulleres. Ademais, a meirande parte deles teñen un enfoque sostible.

Para o alcalde de Barro, o Coworking supón un revulsivo para a localidade. Reivindica un papel activo das administracións públicas no fomento do talento.

O Coworking de Barro é un programa de emprendemento froito da colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial. O orzamento das súas catro edicións ascende a 800.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí