EU critica a falta garantías para o persoal do porto na licenza de Tercovi

    terminal_contedores_100.jpgVILAGARCÍA > A falta dun control que garanta un tráfico mínimo na terminal de contedores, e a incerteza de que os procesos de estiba e desestiba se fagan con persoal …

    … profesional do porto, foron os dous motivos polos que Esquerda Unida votou onte en contra da concesión da licencia desta terminal da rada de Vilagarcía á firma Tercovi.

    A concesión da licencia da Terminal de Contedores a Tercovi, foi aprobada o martes pola totalidade do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, excepto o voto de Esquerda Unida. Unha das razóns do grupo municipal para mostrarse contrarios a esta concesión, é que nos pregos de condicións da licencia non se cotempla a existencia de mecanismos de control que garantan un mínimo de tráficos na terminal.

    Tampouco se garante segundo Esquerda Unida que as operacións de estiba e desestiba da terminal se fagan co persoal profesionalizado do porto. Segundo as condicións da concesión, Tercovi deberá solicitarlle á rada para cada operativo un mínimo de tres empregados, un capataz, un condutor e un auxiliar de grúa, ademais de unha ou dúas persoas máis en terra, ademais do persoal propio da firma. Unhas condicións que segundo Esquerda Unida non son suficientes para garantir que os traballos se fagan con persoal profesional do porto, cando algunha das cargas necesiten máis empregados.

     Porén dende a Autoridade Portuaria, o seu presidente, Javier Gago, defendeu onte a aprobación desta concesión, que segundo el permitirá incrementar nun 60 por cento a carga de traballo dos estibadores de Sestiva, a empresa pública do porto. Xa este domingo chegará ata Vilagarcía o primeiro barco á terminal do Ferrazo.

    Redactor Salnés