Entréganse os premios Julio Camba e Francisco Fernández del Riego

    premios_xornalismo_100.jpgPONTEVEDRA > O Centro social de Caixanova en Pontevedra foi o lugar escollido para a entrega onte a noite dos premios de xornalismo,…

    … Julio Camba e Francisco Fernández del Riego. Os gañadores de cadansúa edición deste ano foron os seguintes: o vixésimo noveno premio Julio Camba, para traballos publicados en castelán, recaeu no leonés Andrés Trapiello, polo artigo Una Violeta de la España negra, publicado no diario La Vanguardia o 26 de agosto do 2007. Esta peza fai unha crítica intelixente das festas populares nas que se empregan animais.

    O galardón do quinto premio do Xornalismo Francisco Fernández Del Riego para publicacións en galego foi para Santiago Lamas Crego, pola súa columna Ventos, publicada en La Región, o 18 de nadal do ano pasado, baixo o seudónimo Ega de Alencar. Neste artigo, o autor pontevedrés fai un recordatorio do que pensaban sobre ventos Conrad e Cunqueiro, a partir dunha nova sobre os cambios producidos nos ventos en Galicia.

    Os dous recibiron cadanseus 12.000 euros de premio das mans do presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso.

    Redacción Salnés