O roscón de reis é o doce por excelencia destas datas cunha demanda por pastelería de máis de 400 unidades

VILAGARCÍA> Coa chegada dos reis magos, o doce máis demandado nestas datas é o roscón de reis. Cada pastelería pode vender nesta semana máis de 400 unidades. O secreto do éxito deste doce está na súa elaboración.

Un agasallo que non falta nestas datas en moitos fogares é o roscón de reis. O bolo é doce estrela coa chegada dos Reis Magos. As pastelerías traballan durante días para poder cubrir toda a demanda deste produto. Cada establecemento pode chegar a elaborar máis de 400 roscón.

Os roscóns elabóranse principalmente con fariña, ovos, manteiga, azucre, ron, sal, laranxa e limón. A súa confección artesanal permite obter un doce moi saboroso.

A clave do éxito deste doce está na súa elaboración con ingredientes de primeira calidade.

No caso da Pastelería Yoli dispoñen de 4 tamaños diferentes de roscóns e elaborados de diversas maneiras.

O roscón é o gran protagonista destas datas, pero os clientes tamén demandan outros doces durante estas datas.

As pastelerías estarán abertas durante todo o día de mañá para aqueles interesados en probar o seu roscón de reis. Aqueles interesados en degustar un roscón elaborado con outros ingredientes deberán encargalo con anterioridade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí