Noia adquirirá novos terreos para dar continuidade ó paseo de Abruñeiras

NOIA> O concello de Noia ampliará o paseo peonil de Abruñeiras para a súa conexión coa ponte sobre a ría e a zona de Testal. Con este fin xa adquiriu unha serie de parcelas que se incorporarán ó inventario de bens municipais e está previsto seguir sumando terreos ó longo de 2022.

O concello de Noia incorporará ó inventario de bens municipal unha serie de parcelas que vén de adquirir na zona de Abruñeiras para dar continuidade á senda peonil que discorre polo litoral noiés.

Precisamente, a plataforma peonil da variante vén de ser obxecto de melloras de iluminación por parte da Xunta de Galicia. Unha vez arranxadas as avarías, a ponte xa loce de novo a toda cor constituíndo xa un elemento emblemático da paisaxe de Noia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí