Rías Baixas coloca no mercado exterior 3,2 millóns de litros de viño

    rias_baixas100_110608.jpgPONTEVEDRA > As adegas da D.O. Rías Baixas exportaron en 2007 3,2 millóns de litros de viño, cun volume de negocio de 20 millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/exportacions_riasbaixas.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > A Denominación de Orixe Rías Baixas pechou o exercicio 2007 cun espectacular crecemento nas exportacións, tanto en volume como en valor. O pasado ano superáronse os tres millóns de litros de viño vendidos ó exterior polas adegas desta denominación, o que supón un 60 por cento máis que en 2006. En valor o crecemento é do 51 por cento, achegándose ós 20 millóns de euros. O presidente e mailo xerente do consello regulador afirman que se debe ó traballo do sector. Arestora son 70 as adegas que venden fóra de España.

    Sesenta e cinco países recibiron en 2007 viños Rías Baixas. Na Unión Europea o crecemento foi do 65 por cento, onde destacan mercados tradicionais como Reino Unido, Alemaña e Suíza. As exportacións a América subiron nun 63 por cento, destacando países como Porto Rico, México, Canadá e, por suposto, Estados Unidos. Os estadounidenses seguen a ser os principais clientes de Rías Baixas. Na carteira de clientes desta denominación tamén figuran países asiáticos como China ou Singapur.

    Redacción Salnés