Ducias de veciños arroupan á exalcaldesa de Moraña, que carga contra a xustiza e apoia a Louzán

MORAÑA> Ducias de veciños de Moraña arrouparon a Luisa Piñeiro nun acto no que a exalcaldesa valorou a súa absolución. A exalcaldesa quixo comparecer para dar conta do seu calvario xudicial, logo de que Audiencia Provincial de Pontevedra a absolvese de todos os delitos sobre as irregularidades nas obras do campo dese campo de fútbol. Cargou contra a xustiza e contra todos aqueles que puxeron en dúbida a súa honra. Indicou tamén que, malia todo, volvería facer o que fixo.

Luisa Piñeiro saltou á palestra e quixo facelo onde todo comezou: no campo de fútbol do Buelo. A exalcaldesa quixo comparecer para dar conta do seu calvario xudicial, logo de que Audiencia Provincial de Pontevedra a absolvese de todos os delitos sobre as irregularidades nas obras do dese campo de fútbol.

Defende que non se cometeu ningunha irregularidade nin ningunha ilegalidade. Indica que, malia todo, volvería facelo.

Luisa Piñeiro quedou absolta logo de recorre-la decisión do Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra, de febreiro do ano pasado, que a condenaba a dous anos de cadea e unha inhabilitación de 8 anos, ao considerala cooperadora necesaria do delito de prevaricación e un delito de fraude.

A tamén exdelegada da Xunta lamenta a cantidade de mentiras que tivo que soportar neste tempo. Por unha banda, dos grupos da oposición, pola outra, da propia xustiza.

A exalcaldesa fixo mención tamén ao expresidente da Deputación de Pontevedra, que por este caso podería ter que cumprir sete anos de inhabilitación polo delito de prevaricación, que ten recurrido. Piñeiro quixo trasladarlle a Rafael Louzán unha mensaxe de apoio.

Engadiu que o que menos lle importou no seu momento foi marchar da política e o que máis lle doeu foi ter que vivi-lo procesamento xudicial do último ano. A súa extensa comparecencia rematou entre os aplausos dos veciños alí congregados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí