Xosé Lois Piñeiro repite como cabeza de lista de Nós Pobra

A POBRA> Xosé Lois Piñeiro volverá encabezar a candidatura de Nós Pobra nas eleccións do 28 de maio. A asemblea designou ó actual alcalde por aclamación tras retirarse a segunda candidata máis votada, Estefanía Ramos, que ocupará o número dous da lista.

Non houbo sorpresas e finalmente Xosé Lois Piñeiro volverá encabezar, por cuarta vez, a lista de Nós Pobra nas municipais de maio.

A súa elección seguiu o mesmo procedemento que nas anteriores ocasións no que tódolos membros da asemblea son elixibles. En primeira volta, votase a dous candidatos, un home e unha muller. Foron Xosé Lois Piñeiro e Estefanía Ramos, que renunciou a encabezar a lista evitando así unha segunda volta.

Tras Piñeiro e Ramos deron a coñecer o terceiro e cuarto posto que ocuparán José Carlos Vidal e Vicente Vázquez. O resto da lista e do programa presentarase nun acto previsto para o 15 de abril.

Mentres tanto, a agrupación traballa no deseño dun programa serio e ambicioso para o que está inmerso nunha rolda de asembleas veciñais e reunións sectoriais cos distintos axentes socioeconómicos do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí