A Xunta inviste 30 mil euros na mellora do CPI de Pontecesures

PONTECESURES> A xunta remata a reforma do CPI de Pontecesures. A intervención que tivo un custo de 30 mil euros estivo destinada a pintar o edificio e mellorar o seu illamento, adaptándoo ás necesidades da normativa covid. A reforma completa a rehabilitación integral realizada no centro no 2020 cun investimento de máis de 800 mil euros.

No ano 2020 a xunta investiu máis de 800 mil euros na rehabilitación integral do CPI de Pontecesures. Unha intervención que permitiu que o centro, a pesar da súa idade, quedase completamente adaptado para continuar co ensino nas instalacións. Coa chegada da covid, a xunta realizou un novo investimento de 30 mil euros para que o CPI se adaptase ás normativas sanitarias.

Dende o concello destacan a importancia destas intervencións para mellorar a comodidade dos profesorado e do alumnado.

Estas melloras permitiron que as aulas se adaptasen as necesidades da covid sen alterar o seu funcionamento habitual.

Coa reforma integral permitiuse mellorar o illamento térmico do centro e solucionar os problemas de humidade e de frío. Con esta segunda mellora, permitiuse adaptarse as necesidades da covid sen os que alumnado se vise afectado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí