O Español quítalle o título ó Valencia nos penaltis

af7250_010609.jpgVILAGARCÍA> Desfrutouse do lindo coa Arousa Futbol 7. O Español de Barcelona destronou ó Valencia na final e inscribe así o seu nome no palmarés do torneo. O título tivo que decidirse dende o punto de penalti onde o gardamallas españolista Jonathan Puig erixiuse como heroe do seu equipo.

Gran espectáculo o que se puido presenciar nesta XIV Arousa Fútbol 7. Desta volta foi o Español de Barcelona o conxunto que se levou o triunfo despois dunha emocionante final ante o defensor do título, o Valencia, que sucumbiu nos penaltis.

Antes, o Español desfixérase do Inter pola mínima nas semifinais. Italianos e cataláns foran os verdugos nos cuartos de Depor e Celta, que  asinaron unha moi boa actuación durante todo o torneo.

Pola outra parte do cadro., o Valencia desfíxose do Totenham nos cuartos e do Atlético de Madrid nas semifinais. Os colchoneiros foran os verdugos dun Barcelona que se amosou moi superior na primeira fase, golenado incluso por 5-0 ó Real Madrid.

A final foi un toma e daca constante; o Español púxose en vantaxe, o Valecia remontou e os branquiazuis levaron o partido ós penaltis a cinco para o remate. Ahí, o seu porteiro Jonathan Puig erixiuse como heroe ó atallar dúas penas máximas que lles deron o título.

A nivel individual, Ayoub Abou, do Barça foi elexido mellor xogador do torneo e Gabriel Monteaperto, do Inter, o mellor porteiro. O tamén culé Alexis Meva, foi o máximo artilleiro ó acadar nove tantos.

Numerosos persoeiros do mundo do deporte e da política déronse cita tanto na entrega de trofeos como nos tres días de torneo, nos que a Lomba volveu a acoller unha moi boa entrada.

Redacción Salnés