Unicaja Málaga, campión da XII Vilagarcía Basket Cup

unicajacampionbasketcup100_090407.jpgVILAGARCÍA > O Unicaja Málaga é o vixente campión da Vilagarcía Basket Cup. Os malagueños impuxéronse na final ó Barreirense

… por un contundente marcador de 84 a 59.

Cumpríronse os pronósticos que lle daban como favorito e o Unicaja Málaga alzou o Trofeo da Vilagarcía Basket Cup, na primeira edición que se celebra en Fexdega. Este é o segundo título que os malagueños engaden ó seu palmarés tras impoñerse na final ó sorprendente Barreirense. O Unicaja selou o seu triunfo na segunda metade.

joaogomesmellorxogadorbasketcup200_090407.jpgOs malagueños encontraron o camiño da victoria tan pronto como taponaron a súa canasta ó aleiro do Barreirentos Joao Betinho Gomes. No descanso perdía por nove puntos pero deulle a volta ó marcador, primeiro pouco a pouco e logo xa a toda velocidade ata rematar cun contundente 84 a 59. A pesar de quedaren segundos, os portugueses poden presumir de ter nas súas filas ó mellor xogador da Vilagarcía Basket Cup 2007. O aleiro do Barreirense Joao Betinho Gomes levouse o trofeo, considerado a auténtica sensación do campionato.

O torneo Internacional Sub 20 pechou a duodécima edición coas decepcións que causaron o Barcelona e o Cibona de Zagreb, os cataláns só gañaron un partido e os croatas nin sequera estrearon victoria. Outro que marchou de baleiro foi o Gran Canaria. Decepción tamén parece que causou a cerimonia de clausura, que prometía espectacular, pero que non estivo á altura do torneo. O grupo Spirit desenvolveu un espectáculo de luz que non foi do agrado do público e que obrigou á organización a cortalo.

chicuianimadorasbasketcup200_090407.jpgA pesares de todo non empañou o éxito desta duodécima edición. Desde Fexdega apuntan que máis de doce mil persoas accederon ó recinto feiral para presenciar a Vilagarcía Basket Cup. Os afeccionados gozaron do lindo, sobre todo, coa última xornada do torneo, coas finais da Copa Galicia e do torneo Sub 20, aderezado co concurso de mates. Pero tamén coa animación, a cargo da mascota Chicui e das cheeleaders.

Redacción Salnés