Concello e comerciantes chegan a un acordo para conxelar as taxas municipais

    comerciantes100_180609.jpgVILANOVA > Este acordo prodúcese trala crise económica que os comerciantes da zona veñen atravesando durante os últimos meses …

    O concello de Vilanova e a Asociación de Comerciantes da vila chegaron a un acordo polo cal o goberno local non subirá os impostos e taxas municipais a este colectivo durante os dous vindeiros anos.Este acordo prodúcese trala crise económica que os comerciantes da zona veñen atravesando durante os últimos meses pola suba dos carburantes e a suba dos prezos.

    Este convenio entre concello e comerciantes firmarase nos próximos días e estudarase se a proposta deberá ser ratificada en sesión plenaria ou pode ser aprobada por medio dun decreto do alcalde. A conxelación dos impostos afectará a tódolos locais comerciais e non terá efecto sobre as vivendas. Unha crise económica afecta a moitos sectores, principalmente ó sector comercial debido á suba dos produtos de primeira necesidade e do Gasóleo.

     Dende a asociación de comerciantes Vilanova Centro piden a colaboración dos vilanoveses para que fagan as súas compras na vila e non merquen nas grandes superficies.

    Segundo o presidente dos comerciantes,Ramón Cardalda aínda que a situación é complicada miran seguirán loitando na promoción do comercio da vila

     Redacción Salnés