
En Cambados, catro forzas políticas procuran unha alternativa de goberno ao Partido Popular. Pois ben, hoxe Canal Rías Baixas puido falar, en exclusiva, con quen ten a chave do vindeiro goberno cambadés: José Ramón Abal, candidato de Cambados Pode, que aspira a ser alcalde.
CAMBADOS> O home máis desexado, políticamente falando, en Cambados rompeu o seu silencio diante das cámaras de Canal Rías Baixas. Os 455 votos e 1 concelleiro que acadou nas municipais fan que a súa figura emerxa no complicado puzzle postelectoral dun concello que, pola primeira vez en case trinta anos, pode cambiar de signo político.
Pero no fondo da cuestión está o primeiro punto do programa electoral de Cambados Pode, que di que non apoiarán ningunha candidatura que non sexa a súa propia. Para cumprir co escrito, Jose Ramón Abal teno claro, e suxire que el debería ser o vindeiro alcalde de Cambados. Ainda así, prefire falar máis de equipo que de individuos.
En todo caso, restan dez días para a toma de posesión da nova corporación municipal e, nese tempo, pode pasar de todo, porque Abal non se pecha ningunha porta, nin sequera a do PP.
Nos vindeiros días, as catro forzas do posible cambio volveranse reunir para seguir avanzando. Pero o punto máis espiñento non é cuestión baladí: é poñerlle rostro ao novo alcalde da vila do Albariño.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/03/abal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/03/negociacions_cambados.mp4{/flowplayer}







