A calor de Pekín, principal inimiga de David Cal

david_cal250.jpgPONTEVEDRA > O piragüista David Cal partirá mañá cara Salamanca onde acabará de prepararse para os Xogos Olímpicos de Pekín. Alí estará ata o 4 de agosto.Trátase dunha zona con temperaturas superiores ós 30 graos, condicións climáticas similares ás que se atopará en China.

{flowplayer}images/salnes/patrocinio_david_cal.flv{/flowplayer}

PONTEVEDRA > O piragüista David Cal partirá mañá cara Salamanca onde acabará de prepararse para os Xogos Olímpicos de Pekín. Alí estará ata o 4 de agosto. Trátase dunha zona con temperaturas superiores ós 30 graos, condicións climáticas similares ás que se atopará en China. E é que a calor e a humidade de Pekín serán os principais inimigos do dobre medallista olímpico.

David Cal volverá o 5 de agosto a Pontevedra, para participar na presentación oficial do equipo nacional de piragüismo que irá a Pekín. O acto celebrarase na Deputación de Pontevedra, institución que patrocina a esta selección. O presidente Rafael Louzán recibiu hoxe a Cal, a quen lle entregou un cheque de 2.000 euros, a maiores do patrocinio de Turismo Rías Baixas. A Deputación entregará a mesma axuda ó resto de deportistas olímpicos da provincia.

Finalmente serán dez os deportistas da provincia que acudan ós Xogos. Hoxe xogábanse os billetes a Pekín os remeiros Juan Zunzunegui y Jesús González, pero non acadaron os resultados necesarios. De feito, o remo español non estará representado nas Olimpíadas deste ano.

Redacción Salnés