A dirección de Coinba solicita un ERTE parcial logo de que Sanidade paralizase a súa actividade

VILAGARCIA> Preocupación en Coinba, en Vilaxoán, pola situación da empresa. A súa actividade leva paralizada dende a semana pasada logo dunha inspección de Sanidade. Eivas que, segundo denuncia a CIG, son subsanables. A empresa tería solicitado un ERTE para unha parte do seu cadro de persoal, que non chega á vintena de traballadores. A central nacionalista pide compromisos por escrito das actuacións que pretende levar a cabo a compañía para mellorar as instalacións.

As augas volven baixar revoltas en Coinba. A súa fábrica de Vilaxoán ten a súa actividade paralizada dende a semana pasada, logo dunha inspección de Sanidade que detectou eivas nas instalacións. Hoxe, era a CIG a que poñía sobre a mesa as necesidades que presenta a planta.

Pero mentres non se actúe, Coinba non pode desenvolve-la súa actividade. Iso levou á dirección da empresa a solicitar un ERTE que afectaría a 5 traballadores dos case 20 que ten esta empresa especializada no bacallau. Pero, segundo a CIG, a dirección non fixo ben as cousas.

A central nacionalista solicita á empresa información sobre a situación na que se atopa cada traballador e tamén ter acceso á memoria xustificativa completa deste ERTE. Tamén unha relación das medidas que se deberían tomar para mellorar esta infraestrurura.

Pero dende a CIG sospeitan que esta situación vén motivada por outros intereses. Botan a vista atrás e lembran que esta mesma empresa xa viviu situación laborais complicadas no pasado e que daquela xa se apuntaba a un posible pelotazo urbanístico.

Agardan esa resposta por parte da compañía canto antes. De non conseguila ameazan con tomar medidas e non descartan ningún tipo de mobilizacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí