Condes de Albarei faise co pazo de Baión tras impoñerse na poxa

    CAMBADOS > Condes de Albarei será a nova propietaria do pazo de Baión. A adega galega impúxose na poxa final que se celebrou esta mañá en Madrid á outra galega,

    … Martín Códax, e a Marques de Riscal. Para elo ofreceu unha cantidade de algo máis de quince millóns de euros.

    A mesa de adxudicación do Plan Nacional sobre Drogas doulle esta mañá a titularidade da coñecida granxa de Fontán ó mellor postor, a adega galega asentada en Cambados, Condes de Albarei. A oferta de quince millóns douscentos mil euros da adega superou ás das outras dúas, a tamén galega Martín Códax e a alavesa, Marques de Riscal, que ofreceron algo máis de trece millóns de euros.

    Aínda que a proposta de Condes de Albarei se presentou tarde esta mañá na poxa, foi remitida por correo a Madrid e chegou pouco despois das dez da mañá cando xa debían estar entregadas tódalas solicitudes, o Plan Nacional sobre Drogas decidiu adxudicarlle ó terreo á adega. Foi a segunda parte dunha poxa final logo do triplo empate acadado a semana pasada entre as tres empresas que competiron ata o final polas propiedades de Laureano Oubiña, nun proceso do que xa se retirara a compañía Freixenet.

    Trece millóns de euros era a cantidade máxima fixada polo Plan a pasada semana, e que estaban dispostos a pagar tanto Marques de Riscal, Martín Códax coma Condes de Albarei. Finalmente será esta adega a dona do pazo, da plantación vitivinícola e da adega que adquirira Laureano Oubiña cos cartos do narcotráfico.

    Tanto a Consellería de Medio Rural coma a adega competidora, Martín Códax, xa felicitaron esta mañá a adega gañadora polo feito de que as propiedades incautados na marco da loita antidroga pasen as mans galegas.

    Redacción Salnés