EU propón unha ‘gran praza pública’ en Ferrazo e carga contra as obras do tren

    VILAGARCÍA> Esquerda Unida propón abrir a cidade ó mar mediante a eliminación das naves en desuso de Ferrazo para converter este espazo nunha gran praza pública. Denuncian o ‘despilfarro’ que supoñen as obras do tren ó porto e piden que non haxa ‘dous gobernos’ en Vilagarcía, ‘o local, e a Autoridade Portuaria’. Dar protagonismo ó mar e abrir a fachada marítima de Vilagarcía ó desfrute público. É a proposta de Esquerda Unida- Os Verdes SON no que atinxe á zona portuaria. Denuncian ‘o malgasto’ de cartos públicos nas obras do tren a Ferrazo e piden que os intereses da Autoridade Portuaria se supediten ó benestar dos veciños. Unha comparecencia que escenificaron sobre as vías dese tren e sen o candidato á alcaldía, Suso López, que non puido asistir por non contar con permiso laboral. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/19/EUVILLAFERRAZO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/19/EU_VILLA_FERRAZO.mp4{/flowplayer}