VILAGARCIA> Inaugúrase en Vilagarcía o novo Centro de Servizos Avanzados Galicia TurisTIC. O espazo nace co obxectivo de converterse nun polo tecnolóxico que impulse a dixitalización do sector do turismo en toda a comunidade autónoma. O Galicia TurisTic contribuirá á creación de emprego de calidade e a reter o talento en toda Galicia.
Un dos sectores máis importantes de Galicia e que non deixa de crecer cada ano é o do turismo. Viaxar a Galicia cada vez está máis demandado e as empresa dedican os seus esforzos a innovar e mellorar os seus servizos. Froito destas inquedanzas nace en Vilagarcía Galicia TurisTIC. Un centro de Servizos Avanzados que permitirá incorporar a dixitalización e a innovación no sector do turismo.
O centro creouse co investimento de 400 mil euros da Xunta a través do Igape. Dende o goberno autonómico consideran que Galicia Turistc converterase nun espazo referente.
O Galicia TurisTic contribuirá á creación de emprego de calidade e a reter o talento en toda Galicia. Ademais de axudar ás pequenas e medianas empresas a mellora o seus servizos e adaptación ás novas tecnoloxías.
O centro permitirá as empresa adquirir coñecementos en novas tecnoloxías e en novos produtos que poidan aplicar nos seus negocios. Ademais de realizar estudos para que coñezan como poder administrar mellor os seus recursos. Unha iniciativa moi boa para o sector do turismo.
Dende o centro sinalan que a súa filosofía será de crear un espazo compartido, aberto e moi económico, onde as pequenas e medianas empresas poidan desenvolverse e crear sinerxías en común para potenciar o sector.