VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía tamén se prepara para un verán no que agarda unha ampla presenza de turistas. Aproveitando a chegada desta estación, dende Ravella presentan a súa nova páxina web de turismo. O portal ofrece toda a oferta hoteleira, cultural e gastronómica da vila.
Vilagarcía ponse a punto para o comezo do Verán. Aproveitando a chegada da época estival, o Concello presentou a súa nova páxina web de turismo. O portal está dividido en varias partes. Despois dunha presentación da vila, na segunda parte móstranse tódolos establecementos do municipio.
Outra das parte mostra toda a oferta cultura e paisaxística de Vilagarcía. Utilizada como unha estratexia de truísmo esta sección divídese en dous bloques: imprescindibles e experiencias.
O alcalde agarda unha ampla visita de turistas este verán. Con esta web o que se busca tamén e que os visitantes coñezan a oferta turística da vila durante todo o ano.
Dende Ravella invitan aos vilagarciáns a probar a web para coñecer máis a fondo a localidade. Tamén aseguran que o portal do concello será o seguinte en renovarse.