Cores Tourís promete máis axudas ó Consorcio de Comercio do Salnés

    touris_consorcio100_240709.jpgCAMBADOS> A Xunta promete ofrecer máis axudas ó sector comercio das que outorgou o bipartito na última lexislatura.

    {flowplayer}images/salnes/touris_consorcio.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> A Xunta promete ofrecer máis axudas ó sector comercio das que outorgou o bipartito na última lexislatura.

    Así llo dixo o delegado territorial de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, ós membros do Consorcio de Comercio do Salnés, na reunión que mantiveron este mediodía en Cambados. Os comerciantes do Salnés trasladáronlle hoxe as súas inquedanzas ó delegado. Unha delas é a nova lei Interior de Comercio de Galicia. O sector pide que se teñan en conta as súas achegas antes de aprobala. Nesto contaron co apoio do delegado.

    O comercio do Salnés terá oportunidade o martes de falar destes asuntos coa directora xeral de Comerio. Nava Castro asistirá en Cambados á presentación da nova campaña do consorcio Quédate con nós.

    Redacción Salnés