O executivo boirés confía en inicia-las obras de ampliación de Neixón no 2009

    ampliacionneixon_100_181108.jpgBOIRO > O Ministerio de Cultura confirmou a financiación do proxecto que podería ascender na súa totalidade a preto do millón de euros.

    {flowplayer}barbanza/ampliacionneixon.flv{/flowplayer}

    O edil de Cultura, Xerardo Piñeiro, amosouse confiado en que as obras de ampliación do Centro Arqueolóxico de Neixón poidan dar comezo o vindeiro ano. Esta mesma semana o Pleno do Congreso aprobaba unha emenda de 150 mil euros que permitirán iniciar esta actuación. Trátase dunha pequena parte do importe final do proxecto previsto, que ascende a preto dun millón de euros, e que lle foi trasladado polos membros do executivo boirés ó propio Ministro de Cultura, César Antonio Molina, durante unha visita realizada á localidade.

    Novo auditorio

    O proxecto inclúe a construción dun auditorio con capacidade para unhas 150 persoas, novas salas de exposicións e unha sala polivalente, así como tamén unha área de experimentación para a realización de talleres.

    Referente arqueolóxico

    A intención do executivo boirés pasa fundamentalmente por converter este espazo nun instrumento de gran importancia para a divulgación, conservación e investigación do patrimonio arqueolóxico, non só a nivel comarcal senón tamén autonómico e nacional.

    Redacción Barbanza