RIBEIRA> O concello de Ribeira entregou esta mañá varios lotes de entradas para a pista de xeo ás asociacións sen ánimo de lucro do municipio. Representantes de Cruz Vermella e Faibén recolleron as invitacións da man do concelleiro de Servizos Sociais e do presidente da asociación de empresarios.
A asociación de empresarios de Ribeira e o concello van da man neste proxecto para que tódolos nenos da localidade teñan ocasión de disfrutar da pista de xeo independentemente da súa situación económica. Por esta razón, a concellería de Servizos Sociais adquiriu 500 entradas a repartir entre usuarios do departamento ou asociacións que traballan con persoas en risco de exclusión social.
Dende a asociación de empresarios amosáronse moi satisfeitos de que tódolos ribeirenses poidan disfrutar desta oferta de lecer que contribúe ademais a dinamizar o tecido comercial e hostaleiro.
Esta mañá facían entrega ós representantes de Cruz Vermella e Faibén pero a colaboración esténdese tamén a outras entidades como AMBAR, AMICOS ou A Creba.











