O executivo sonense traballa nun Plan Especial para o desenvolvemento do parque empresarial

PORTO DO SON> Trátase do primeiro paso para a posta en marcha do polígono. Unha vella demanda do sector empresarial do municipio que agora ten forma de converterse unha realidade. Sen dúbida trátase da asignatura pendente do Concello. Dende hai tempo víñanse dando pasos para a súa posta en marcha pero por un ou outro motivo nunca chegaba a materializarse. No marco precisamente das xestións impulsadas dende o goberno municipal para a consecución do tan ansiado parque empresarial, hai que destacar a xuntanza mantida hai varias semanas co conselleiro de Industria de cara a busca de colaboración da Administración Autonómica para súa posta en marcha. A intención do executivo é facer o proxecto por sectores, desenvolvendo o polígono  en función da demanda existente. O executivo sonense confía en que as xestións iniciadas cheguen a bo termo e o parque empresarial sexa unha realidade á maior brevidade de tempo posible.