VILAGARCÍA> Máis de 10.000 veciños de Vilagarcía veranse afectados polo freo ao coñecido como Decreto Ómnibus do Goberno do Estado. Son as contas que fai o Partido Socialista vilagarcián. Hoxe criticaron a postura de Partido Popular, VOX e Junts per Catalunya, que cos seus votos en contra impediron que saíran adiante as medidas en materia social que incluía. Son, por exemplo, a suba das pensións, a rebaixa do prezo do transporte público ou o bono social eléctrico. Os socialistas vilagarciáns piden aos deputados galegos do PP que interveñan para mudar a postura da súa formación.
Nin suba das pensións, nin rebaixas no prezo do transporte público, nin bono social eléctrico. Son algunhas das medidas sociais que non entrarán en vigor despois de que Partido Popular, VOX e Junts tombaran onte no Congreso o Decreto Ómnibus do Goberno. Unha decisión que, segundo o Partido Socialista de Vilagarcía, afecta ao máis de 10.000 vilagarciáns.
O PP argumentou a súa oposición asegurando que o decreto incluía unha suba do IVE dos alimentos, medidas que protexían aos okupas ou un incremento de impostos. Algo que os socialistas vilagarciáns negan en rotundo.
Por iso piden aos deputados galegos do Partido Popular que intervsubaeñan para conseguir mudar o posicionamento da súa formación.
Así as cousas, o Partido Socialista confía en que a situación terá solución e as medidas poderán entrar, finalmente, en vigor.











