Os traballos da reforma da confraría sitúanse cerca do millón de euros

    confrara_cambados_100.jpgCAMBADOS > A aparición de complicacións na estrutura do vello edificio da confraría de San Antonio de Cambados, unha das máis antigas de España, van retrasar aínda …

    … uns meses o remate das obras da rehabilitación e ampliación do inmoble, que esta mañá visitou o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Os traballos, que a Deputación presupostara nun comezo en 600.000 euros, xa acadaron un investimento de case 850.000 euros, e poden seguir aumentado ata situarse cerca do millón, dada a aparición de novas necesidades na obra a medida que se avanzan os traballos, xa en fase avanzada.

    Coa estrutura exterior do edificio practicamente rematada, as obras céntranse agora nos acabados interiores. O resultado que se pretende acadar é o dun edificio con instalacións adaptadas para tódolos usos do pósito, e que tamén estará dotado de biblioteca e dun salón de actos, que permitan que a confraría sexa un lugar de referencia para os traballadores do mar no concello.

    As obras da remodelación da confraría de Cambados comezaron hai algo máis dun ano ante o mal de estado do edificio, no que mesmo había o risco de que se vise a baixo a placa. Os traballos aínda se prolongarán un meses, pero agora xa se pode albiscar a imaxe singular que terá o inmoble, decorado con cunhas de vieira do mar de Cambados no seu exterior.

    Redacción Salnés