O PP de Barro denuncia ó goberno local por irregularidades na construción da piscina municipal

BARRO> O PP de Barro denuncia ante a fiscalía irregularidades no acordo plenario de modificación do contrato de construción da piscina municipal. Jose Antonio Landín critica a rebaixa de máis do 18% cando a obra xa estaba executada nun 80%. Outros dos motivos da denuncia son unhas partidas e certificacións duplicadas que elevarían o custo noutros 70 mil euros.

O pasado xuño o concello de barro adxudicaba a construción da piscina por 293 mil euros. Tras meses parada, o 2 de abril deste ano preséntase a pleno un proxecto modificado co obxectivo de aproveitar a baixa que se producira na licitación anterior. Segundo o líder dos populares en Barro, este pleno escondía un compromiso oculto do concello de aportar 56 mil euros máis.

Ademais desta reclamación, Landín denuncia que hai outra partida na que o concello aportará preto de 70 mil euros por partidas e certificacións duplicadas.

O candidato do PP a alcaldía lamenta que estes feitos saian á luz durante campaña electoral.

Os populares denunciaron estes feitos ante a fiscalía e comunicáronllos á Deputación, por ser a maior parte da fonte da financiación. Ó longo desta semana informarán ás empresas que participaron no concurso por si ven alterado o dereito á libre competencia.